Día das Letras Galegas

O día 17 de maio de cada ano conmemórase en Galicia o Día das Letras Galegas. Desde o ano 1963, a Real Academia Galega homenaxea así a todas aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa desta lingua. Cada ano está adicado a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que pasaran ao menos dez anos desde o seu falecemento. A data de celebración deste evento débese a que foi un 17 de maio o día en que se publicou na Habana o primeiro exemplar de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, obra que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento ou renacemento cultural galego. Este ano 2009 adícase á figura do intelectual e galeguista Ramón Piñeiro (1915 - 1990).

Disfruta co seguinte vídeo do poema Negra Sombra, de Rosalía de Castro, na interpretación de Luz Casal e Carlos Núñez:


Hoxe en día son moitos os grupos de música moderna que empregan o galego en todas as súas composicións, como é o caso de Marful, Lamatumbá, Dios que te crew ou os coruñeses Loretta Martin. A este último grupo pertence o seguinte videoclip:


Share/Bookmark

0 Comments:

Post a Comment