Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura do poeta Uxío Novoneyra. Nado na aldea de Parada de Moreda (O Courel, Lugo) no ano 1930, Novoneyra foi un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paixase, forxada entre as montañas do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o "poeta da terra". A súa obra, en permanente renovación e busca de novas propostas expresivas, moveuse entre o intimismo paisaxista e a poesía civil dos anos sesenta e setenta.
Neste día, Mis Apuntes Musicales quere recordar tamén a figura dun dos nosos grandes escritores publicando nesta entrada algúns materiais que considero interesantes:


Audio de Chámanos este día que chove

Aproveito tamén esta ocasión para presentarvos unha documental que trata sobre o Bravú, o movemento musical xurdido exclusivamente en Galicia a principios dos anos noventa e no que os grupos practican o chamado "rock rural", introducindo nas súas cancións problemas cotiáns da mocidade da época, sempre cun certo aire cómico e irónico. Preme aquí para velo.

Share/Bookmark

0 Comments:

Post a Comment